Nuevos derechos de la infancia.

Las niñas y los niños tienen derecho a zambullirse, con zapatos y todo, en los manantiales de la imaginación sin que nadie intente por ello reprenderles sino al contrario, echarse a volar junto a ellos hacia mundos distantes, distintos y hasta opuestos; otorgando prioridad a la confección de un artefacto sencillo, un par de alas externas con las que podrán dar un par de vueltas por la realidad, para luego reinventarla.
Tienen derecho a no ser sancionados si olvidan realizar cualquier actividad por contemplar el abrirse de una flor, desenroscarse una oruga, discurrir las aguas de un río, seguir paso a paso el lento caminar de un escarabajo...
Que ante la felicidad de contemplar un arco
iris, el cielo tachonado de estrellas, los campos de trigo a la luz del plenilunio, se cierren los cuadernos y guarden las teorías.

jueves, 20 de octubre de 2011

2º B. Canción con baile.


Neste vídeo os nenos de 2º B bailan e cantan unha das cancións
do "Cantajuego"; Bugui-Bugui. A letra fala de diferentes partes
do corpo. É moi divertida. Podedes atopar este disco e moitos máis
na Biblioteca do colexio! :)

martes, 18 de octubre de 2011

4 anos. De viaxe.


A clase de 4 anos foi de viaxe en tren. Aínda que se atoparon con moitas curvas ninguén se mareou e eu diría que incluso o pasaron moi ben! :)

martes, 11 de octubre de 2011

3º. Roda de vasos.


A actividade parece máis doada do que é, ter que cantar e coordinar
os brazos atendendo ao ritmo son tres accións á mesma vez. A clase
de 3º faino con suficiente seguridade como para non ter case que
pensar. Só cun pouco de concentración lles sae e incluso gozan da actividade
coma un xogo. ^_^

6º A. Nana africana.


A canción está en idioma zulú polo que é procedente do sur de África.
Eles pronuncian perfectamente o idioma e ademais a entoan tal cual
se canta por esas terras. Esperamos que vos guste!

domingo, 9 de octubre de 2011

Concerto de Paula Romero.

Paula Romero deleitounos cun concerto de dúas pezas. Non
só as tocou moi ben senón que as sabía de memoria! Os seus
compañeiros gozaron moito da súa interpretación. Parabéns
Paula!

4º. Orquestra Orff.

A clase de 4º tocou unha peza cos instrumentos Orff.
Aprendérona rapidísimo!

viernes, 7 de octubre de 2011

Playing For Change.


Seguro tendes visto músicos na rúa que fan música de gran
calidade. En "Playing for Change" aparecen varios deles que
viven en diferentes partes do mundo. Uníronse para cantar
a mesma canción na que reflexionan sobre a idea de que non
importa quen sexas, hacia onde te dirixas ou cantos cartos
teñas. Por moi preto ou lonxe que vivamos uns doutros, temos
que valorarnos e respectarnos independentemente da raza,
sexo, relixión, ideoloxías ou nivel económico. Vivimos no mesmo
mundo, na mesma casa e xuntos, podemos facer un cambio
de cara a un mundo mellor.

6º B. Do, Re, Mi.


Nesta pequena peza practicamos as notas Do, Re e Mi na frauta,
así como as figuras negra e branca.

jueves, 6 de octubre de 2011

Concerto de Andrea S. e Lorena.


Concerto de Andrea S. (Frautista) e Lorena (violinista).
Unha marabilla poder ter no cole músicas así! :)